O cantautor ourensán Emilio Rúa inicia no Liceo de Ourense unha xira de concertos xunto ó escritor Xosé Carlos Caneiro.
Dentro da programación do Xacobeo podemos atopar un evento que mestura música e literatura. Ese evento terá seis paradas durante os meses de outubro e novembro e dará comezo na cidade de Ourense.
Emilio Rúa inicia no Liceo unha xira de concertos
«Camiños de Contos e Cantares» é a proposta que Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro traerán en primeiro lugar ó Liceo de Ourense. Será este emblemático espazo cultural o que acolla o día 13 de outubro o primeiro dos concertos da xira.

Ademais de actuar en Ourense, Emilio Rúa e XC Caneiro actuarán nas seguintes localidades:
- 13 de outubro – Liceo de Ourense
- 15 de outubro – A Gudiña
- 28 de outubro – Arzúa
- 29 de outubro – Xunqueira de Espadañedo
- 30 de outubro – Esgos
- 5 de novembro – Vigo