Eventos

Entroido de Mugares 2024

O Entroido de Mugares de 2024 terá o seu día grande o martes, 13 de febreiro, cun programa que comezará pola mañá e inclúe música e gastronomía.

Os Labardeiros xa están preparados para desfilar polas rúas de Mugares nun dos eventos máis relevantes que o Entroido ten no concello de Toén.

Entroido de Mugares 2024

A partir das 12h, unha sesión vermú servirá para ir quentando motores e prepararse para o resto da xornada. Tras esa primeira toma de contacto entre os asistentes e a charanga Escachapeitos que animará a xornada, chegará a hora de xantar.

Un bo cocido reunirá ós veciños e veciñas de Mugares a partir das 14h para coller folgos e afrontar a última cita do día. Ás 16h, o Paseo de Entroido encherá a localidade de festa ó trasladarse ata o Moreiro e regresar ó local social de Mugares.

Entroido de Mugares 2024

A comisión de Festas de Mugares organiza este evento coa colaboración do concello de Toén e a Asociación de Mulleres Rurais.

Botón volver arriba