O Espazo Valente acolle ata o 7 de maio a exposición «Non somos de Eiquí» da artista ourensá Begoña Cid que realiza a súa labor en Madrid.
Nostalxia e memoria son as principais sensacións que transmite a obra de Begoña Cid onde atopamos unha combinación de cores que nos leva a unha cidade caótica e vibrante.
O Espazo Valente acolle a exposición «Non somos de Eiquí»
«Non somos de aquí, desta nova terra e pode que tampouco sexamos xa da anterior; pero a obra, lonxe de ser melancólica, proxecta o desafío do vórtice, convídanos a ser viaxeiros no noso momento, a abrazar a memoria e afondar na zona descoñecida para sermos parte do caos» indica Begoña Cid.
