Exitoso remate da Liga Federacións de Ximnasia Estética para o Club Ximnasia Pavillón na terceira fase que tivo lugar en Madrid.
Natalia Gómez Blanco (CXP) e Raquel Dafonte Rodríguez (EP) son as adestradoras que acompañaron ás 19 ximnastas do Ximnasia Pavillón que participaban neste campionato.
Exitoso remate da Liga Federacións de Ximnasia Estética para o Ximnasia Pavillón
A participación mostrou o gran nivel que teñen os dous conxuntos sénior ó acadar excelentes resultados. O conxunto sénior do Club Ximnasia Pavillón acadou a medalla de Ouro nesta terceira fase. A música das Tanxugueiras servía para proclamarse con claridade Campioas da Liga.
Pola súa parte, o conxunto sénior da Escola Pavillón lograba a medalla de bronce. Rematan a liga tras acadar o bronce na primeira e terceira fase e a prata na segunda. Na clasificación xeral, este conxunto acadou a medalla de bronce.

A participación dos dous conxuntos do Ximnasia Pavillón permitiu que a Federación Galega lograse o segundo posto na Liga.
Ximnasia Estética
Competir en Ximnasia Estética supón para moitas ximnastas a opción de prolongar a súa traxectoria na ximnasia. A práctica deportiva desta especialidade supón que moitas ximnastas sigan «en activo» a pesar das dificultades que en ocasión supón compaxinar os estudios ou traballos coa dedicación que a ximnasia esixe.
Na seguinte foto podemos ver ás 19 ximnastas que representaron ó Club Ximnasia Pavillón nesta terceira fase da Liga de Ximnasia Estética.

De esquerda a dereita:
1. María Agregán Vázquez
2. Iria Cudeiro González
3. Sabela de Martín Fírvida
4. Carmen Romero Saco
5. Sabela Rodríguez Rodríguez
6. María Saval Pérez
7. Antía Vázquez Gómez
8. Julia Cascón Padrón
9. Paula do Olmo Forneiro
10. Candela Pérez Quintas
11. Paula Martínez Pérez
12. Xiana Rodríguez Vázquez
13. Sara Blanco Daparte
14. Valentina Martín Capecci
15. Loreto Blanco Pérez
16. Vera Gutiérrez Iglesias
17. Nerea Sastre Méndez
18. Ángeles Cachaldora Borrajo
19. María Rodríguez Cancio