A localidade ourensá da Merca prepárase para celebrar as súas tradicionais festas os días 14 e 15 de xuño de 2025, cunha programación variada que promete diversión para toda a familia.
O día 14 de xuño, a festa comezará ás 17:00 horas coa festa infantil, con inchables, monitores, pintacaras e outros entretementos.
A Merca celebra as súas festas cunha gran programación para todos os públicos
Ás 20:00 celebrarase a misa solemne na capela, e a partir das 21:00 terá lugar a tradicional cea popular. O menú inclúe empanada, churrasco, criollo, bica, café, viños e licores, e ten un prezo de 20 € para adultos (os nenos ata 12 anos participan gratis). As entradas estarán á venda ata o 10 de xuño a través dos membros da comisión, o Mesón do Labrego e a Licores Dóniz.
Esta cea estará amenizada polo grupo de pandereteiras As Ferreñas da Merca e culminará cunha gran verbena coa actuación da orquestra Solara. O final de festa contará coa música do DJ Family.
O día 15 de xuño arrincará coa alborada a cargo da Charanga BCB e, a partir das 13:00 horas, celebrarase a misa solemne.
Pola tarde terá lugar a sesión vermú, e ás 20:00 horas a festa continuará cunha gran verbena co grupo Fussion.

As Festas da Merca 2025 contan co patrocinio e colaboración de numerosos comercios locais que contribúen a facer destas celebracións un éxito.