As festas na honra a San Xoán en Seixalbo serán os días 10, 23, 24 e 25 de xuño de 2023 cunha ampla programación de actividades.
A comisión de festas de Seixalbo organizou numerosas actividades para celebrar uns festexos nos que participa activamente toda a localidade.
Festas na honra a San Xoán en Seixalbo
O sábado, 10 de xuño, terá lugar a primeira actividade do cartel das festas de Seixalbo. A Festa da Espuma contará tamén coa presenza de numerosos inchables, xogos e obradoiros de maquillaxe.
Chegados á fin de semana do 23 ó 25 de xuño, atopamos a programación musical e gastronómica. A noite de San Xoán terá o 23 de xuño a tradicional sardiñada que rematará co ritual da queimada. A orquestra Los Españoles, o grupo cantares da Cunha e a charanga Sorcha porán a animación musical.
O sábado, 24 de xuño, a banda de gaitas do Concello de Esgos realizará un pasarrúas pola localidade. Pola noite, as actuacións da Orquestra Costa Dorada e a Disco Móbil EME MUSIC animarán a verbena.
O último día das festas, a banda de gaitas do concello e Esgos amenizará a sesión vermú. Pola noite, a verbena corre a cargo da orquestra Salsarena.