As Festas de San Bieito en Allariz son un dos acontecementos máis esperados do verán nesta vila da provincia de Ourense.
As actividades organizadas durante a celebración do patrón de Allariz contan todos os anos cunha importante participación da veciñanza.
Festas de San Bieito en Allariz
No programa deste ano podemos atopar actuacións musicais de corais, bandas de música, grupos musicais, orquestras e agrupacións tradicionais.
Ademais das actividades programadas, tamén terán lugar diversos actos litúrxicos. A Novena de San Bieito será entre o 2 e o 11 de xullo en horario de 8:30h e 19:30h. O Xoves, día 11, as misas serán ás 8, 9, 11 e ás 12h. O domingo, 14 de xullo, as misas serán ás 9, 10, 11 e 12:30h.