Eventos

Santa Mariña do Monte celebra as súas festas 2025

As Festas na honra a Santa Mariña do Monte 2025 celebraranse do 18 ao 21 de xullo, cun completo programa que combina música en directo, actos relixiosos, xogos populares e actividades para a mocidade e a veciñanza de todas as idades.

O calendario arrinca xa o sábado 12 co tradicional campionato de tute, antesala dunha fin de semana repleta de animación no campo da festa.

Santa Mariña do Monte celebra as súas festas 2025

O venres 18 destaca a celebración da Festa da Xuventude. Esta inclúe pasarrúas, sesión vermú con gaita e un concerto do grupo Gramola, coa colaboración de Panela Town Life 360º.

O sábado 19 será o día grande para os máis novos, con festa infantil e festa da escuma desde as 17:00 h. Pola noite, a verbena correrá a cargo de Tattoo & Disco Móbil Show, logo da música de baile inicial ás 20:30 h. A música tradicional tamén terá presenza co grupo de gaitas Redegaita.

O domingo 20 repítese o esquema con misa solemne e procesión ás 12:00 h, sesión vermú e animación a cargo da orquestra Furia Joven, procedente das Canarias. Ademais, celébrase a final do campionato de tute e chave.

Santa Mariña do Monte celebra as súas festas 2025

As festas pechan o luns 21 cunha cea popular amenizada polo trío Vaivén, a partir das 21:00 h.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.