Este venres terá lugar a I Festa da Xuventude no concello de San Cibrao das Viñas coa presencia de cinco dos mellores Dj’s de Galicia.
A recuperación das festas tras dous anos de pandemia ten na xuventude ó seu principal motor. A xuventude foi un dos sectores da sociedade que peor levou ás épocas de confinamento e restricións.
I Festa da Xuventude en San Cibrao das Viñas
Este verán, o concello de San Cibrao das Viñas organiza unha festa que contén tódolos ingredientes para gozar da mellor música e ambiente. O lugar escollido para este evento é a explanada das piscinas de Pontenoalla.
O venres, 22 de xullo, cinco Dj’s ofrecerán a súa mellor música ós participantes. A Discomovil Show será a encargada de facilitar o equipamento para esta festa. Dj Martha García, Dj José Grande, Dj Pablo Beat, Dj Charlie e Dj Iago forman un cartel de primeiro nivel.