Noticias

A Xunta apoia con 140.000 euros a modernización de Resortes Galicia

A Xunta de Galicia destinou preto de 140.000 euros á empresa Resortes Galicia S.L., situada no polígono de San Cibrao das Viñas, para a adquisición dunha nova máquina destinada á fabricación de resortes de tracción, torsión e conformado de arame.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou as instalacións da compañía acompañado pola alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Novoa.

A Xunta apoia con 140.000 euros a modernización de Resortes Galicia

A axuda forma parte da última convocatoria para actividades non agrícolas da Consellería do Medio Rural, que destinou máis de 300.000 euros na provincia de Ourense.

A Xunta apoia con 140.000 euros a modernización de Resortes Galicia.
Foto: Delegación da Xunta.

Segundo explicou Manuel Pardo, estas achegas buscan impulsar a modernización das empresas rurais, favorecer a creación e consolidación de emprego e contribuír á fixación de poboación.

A nova tecnoloxía permitirá mellorar a capacidade produtiva da firma e reforzar a súa presenza en mercados internacionais como Alemaña, Francia e Portugal.

Botón volver arriba