Noticias

Iago Blanco deseñou o cartel do Entroido de Verín

O arquitecto de interiores, Iago Blanco de la Parra, deseñou o cartel do Entroido de Verín que mostra a «exaltación e homenaxe da muller» nesta festa.

Na presentación do cartel estiveron presentes o autor do deseño e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo.

Iago Blanco deseñou o cartel do Entroido de Verín

A obra que representa este ano a principal festa da localidade mostra «a exaltación e homenaxe da muller no Entroido de Verín a través da figura da raíña Elena e algunhas das mulleres máis representativas da vila».

O cartel contén unha ampla representación de figuras relevantes do Entroido na localidade. Os cigarróns destacan na imaxe acompañando á raíña a súa chegada á praza. «Só se es de Verín ou asiduo desta festa podes recoñecer estas personaxes típicas do entroido», explicou o autor da obra.

Iago Blanco deseñou o cartel do Entroido de Verín

Emilia Somoza felicitou ó artista pola obra e pola «gran capacidade que tivo de sintetizar nunha soa imaxe a forza e os elementos identitarios máis representativos da nosa festa máis senlleira».

Botón volver arriba