Noticias

O PSdeG denuncia en Verín o deterioro sanitario

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou na Casa da Cultura de Verín un acto público baixo o lema “Loitemos pola sanidade pública: o silencioso desmantelamento do Hospital de Verín”.

Nesta acto, advertiron da situación da asistencia sanitaria na comarca de Monterrei e do futuro do hospital comarcal.

O PSdeG denuncia en Verín o deterioro sanitario

No encontro participaron Eva Pérez Gamote, Julio Torrado, Carmen Rodríguez Dacosta e Alberto Fidalgo, quen coincidiron en destacar o papel das e dos profesionais sanitarios e en reclamar máis planificación e recursos para garantir unha atención de calidade.

O PSdeG denuncia en Verín o deterioro sanitario
Foto: PSdG

Durante a xornada, Julio Torrado alertou do que cualificou como “progresivo desmantelamento da atención primaria e dos hospitais comarcais en Galicia”, mentres que Carmen Rodríguez Dacosta advertiu da perda de capacidade asistencial e do aumento das derivacións ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

O PSdeG denuncia en Verín o deterioro sanitario
Foto: PSdG

Pola súa banda, Eva Pérez Gamote explicou que o acto buscou “dar voz aos profesionais da sanidade e trasladar á veciñanza a situación real que se vive na comarca”. Ademais, a formación socialista recoñeceu o labor da plataforma en defensa da sanidade pública e fixo un chamamento á mobilización social para garantir o futuro do Hospital de Verín.

Botón volver arriba