Unha importante mobilización de agricultores tivo lugar onte pola mañá en Xinzo de Limia para pedir unha mellora na situación que están a vivir.
A subida descontrolada dos prezos do combustible e a enerxía está tendo un efecto terrible para o sector agrícola e gandeiro.
Importante mobilización de agricultores en Xinzo de Limia
Falamos dun sector que leva anos denunciando un sistema que lles proporciona uns prezos que en moitas ocasións non lles permite cubrir gastos. Esta situación está levando a moitas explotacións ó peche ó non poder subsistir cuns prezos que non consideran xustos.
Onte á mañá tivo lugar en Xinzo de Limia unha tractorada para denunciar esta situación. A partir das 11:30h, unha caravana de máis de 200 tractores percorreu o centro de Xinzo para mostrar o seu descontento coa situación. Piden ás administracións que adopten as medidas necesarias que lles permitan continuar co seu traballo sen asumir perdas.
Lemas como «Sen campo non hai vida» ou «Se o rural non planta a cidade non xanta» tiveron protagonismo nesta mobilización. Foron numerosas as persoas que se sumaron a esta protesta que encheu as rúas de Xinzo de Limia.