Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, pretende modificar as axudas sociais ó funcionariado do concello por consideralas «prebendas inxustas e ilegais».
O goberno municipal do concello de Ourense puxo en marcha o procedemento para «erradicar» o réxime de axudas sociais que beneficia ós funcionarios do concello.
Jácome pretende modificar as axudas sociais ó funcionariado do concello
O primeiro paso desta iniciativa municipal foi dirixir unha consulta ó Consello Consultivo de Galicia. As axudas que na actualidade reciben os traballadores municipais están recollidas nun acordo regulador que foi aprobado no ano 2012. Por este motivo, o goberno municipal pretende modificar este acordo para eliminalas.
«Debemos tentar acabar co que cremos que é unha inxustiza» indica Pérez Jácome. A consulta ós servizos xurídicos do concello de Ourense mostraron ó alcalde a imposibilidade de eliminar estas axudas de forma unilateral. «Non depende exclusivamente de nós» indica o alcalde que agarda agora a resposta do Consello Consultivo de Galicia.