Noticias

Justo Calviño publica Os contos do avó

Da man da editorial Toxosoutos, o escritor Justo Calviño Cruz publica Os contos do avó, un libro composto por doce relatos.

O libro que Justo Calviño nos presenta, recolle doce relatos que un avó de avanzada idade (nonaxenario) lles transmite aos seus tres netos. Doce relatos onde se recolle un legado inmaterial que o ancián desexa preservar coa axuda dos tres rapaces que escoitan con atención cada detalle dos contos.

Justo Calviño publica Os contos do avó

Os contos do Avó recolle nas súas páxinas historias reais, anécdotas e ficción. Personaxes reais como a escritora Carme Martín Gaite ou o escultor Faílde Gago, forman parte dun libro onde hai oco para as bruxas, o verme Shamir ou o can negro.

Justo Calviño publica Os contos do avó
Foto: facebook de Justo Calviño

Este libro, permite recoller e preservar moitas desas historias que se transmiten de forma oral e que en ocasións, acaban perdéndose. Justo Calviño permítenos con esta publicación viaxar a outras épocas e lugares para revivir no noso imaxinario unhas situacións que poderían ser reais ou simple ficción.

Justo Calviño publica Os contos do avó
Os contos do avó do escritor Justo Calviño Cruz.

A lectura do libro Os contos do avó será a única forma de coñecer cada un dos 12 contos e revivir na nosa mente unha parte do noso legado cultural. O artista ourensán Ismael López é o autor das ilustracións que acompañan os relatos.

Mercar o libro Os contos do avó

O libro de Justo Calviño Os contos do avó pode mercarse na páxina web da editorial Toxosoutos.

Preme aquí

Outras publicacións de Justo Calviño

Justo Calviño Cruz é o autor de varias publicacións sobre o concello de Barbadás ademais de ter publicadas obras narrativas e poéticas. Tamén colabora con medios de comunicación provinciais e autonómicos mediante a elaboración de artigos.

  • «El Hospital Santo Cristo de Piñor y su relación con el pueblo, en los 50 primeros años de su existencia» (1999)
  • «Guía municipal de Barbadás» (2000)
  • «Poemas indómitos» (2001)
  • «Cousas da mala lúa» (2002)
  • «Barbadás, tradición y modernidad» (2003)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba