Cajón desastre

A RAG non pasa por Ourense

A RAG non pasa por Ourense e non nos referimos a unha estrada ou autovía das que en breve terán peaxe, referímonos á Real Academia Galega e a case nula representación que a nosa provincia ten nela.

Ourense foi coñecida non hai demasiado tempo como a Atenas de Galicia. Eran tempos onde unha importante vida cultural xurdía e medraba na cidade de As Burgas. Eran tempos onde moitos intelectuais tiñan a súa base de operacións nunha cidade que os acollía e lles ofrecía unha contorna favorable para as súas actividades.

Co tempo iso foi cambiando e posiblemente parte desa intelectualidade abandonou Ourense (como a industria, os mozos,…) quedando como un recordo aquela época de grandes referentes que facían xerminar novas sementes ao seu paso.

Quizais este momento non sexa o mellor para reivindicar o peso que a «Cultura» ten en Ourense, sexa cal for a definición de cultura que cada un ten pero faise difícil entender a representación case nula que a provincia de Ourense ten nun organismo tan relevante como a Real Academia Galega.

A RAG non pasa por Ourense

Esta institución creada en 1906 foi fundada cun claro obxectivo: «unha ferramenta que os galegos se daban a si mesmos para o fomento da súa cultura e para a codificación e estudo do seu idioma».

A RAG non pasa por Ourense
A RAG non pasa por Ourense

Unha institución que tivo recentemente un presidente con orixe ourensá como Xosé Luís Méndez Ferrín, dá as costas neste momento a Ourense en canto a representación. Está claro que os méritos para ingresar como académico non teñen nada que ver coa representación territorial pero é moi difícil de explicar que Ourense non teña ningún cidadán que mereza estar aí.

Ou a Atenas de Galicia apagouse definitivamente ou dispoñer dunha soa académica con orixe na nosa provincia non fai xustiza ao valor intelectual dos ourensáns. Curioso é comprobar como unha provincia como Lugo, cunha poboación similar á de Ourense (300.000 habitantes aprox.) conta con 7 membros no pleno da RAG mentres que só Chus Pato representa á nosa provincia.

Feliz día das Letras Galegas e esperemos que no futuro, a RAG pase por Ourense (polo menos un pouco máis).

Académicos por provincia de orixe

Dos 30 membros que forman o pleno da Real Academia Galega, 2 prazas están vacantes na actualidade. As outras 28 osténtanas 10 académicos de Pontevedra, 8 da Coruña, 7 de Lugo, 1 de Madrid, 1 de Cantabria e 1 de Ourense.

Pontevedra

  1. Víctor Fernández Freixanes
  2. Fina Casalderrey Fraga
  3. Francisco Díaz-Fierros Viqueira
  4. Rosario Álvarez Blanco
  5. Xesús Alonso Montero
  6. Francisco Fernández Rei
  7. Xesús Ferro Ruibal
  8. Salvador García-Bodaño Xunxunegui
  9. Bernardino Graña Villar
  10. Ana Romaní

Lugo

  1. Margarita Ledo Andión
  2. Darío Xohan Cabana Yanes
  3. Ramón Villares Paz
  4. Antón Luís Santamarina Fernández
  5. Pegerto Saavedra Fernández
  6. Xosé Luís Regueira Fernández
  7. Lourenzo Fernández Prieto

A Coruña

  1. Xosé Luís Axeitos Agrelo
  2. Xosé Henrique Monteagudo Romero
  3. Manuel González González
  4. Ramón Lorenzo Vázquez
  5. Andrés Torres Queiruga
  6. Euloxio Rodríguez Ruibal
  7. Manuel Ribas Barrós
  8. Ana Isabel Boullón Agrelo

Madrid

  1. Marilar Aleixandre

Cantabria

  1. Mª Dolores Sánchez Palomino

Ourense

  1. Chus Pato

Publicaciones relacionadas

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba