Noticias

Leopoldo Rodríguez será o candidato do BNG en Celanova

O actual concelleiro e portavoz, Leopoldo Rodríguez será o candidato do BNG en Celanova nas eleccións municipais que terán lugar en maio de 2023.

No acto de presentación dos integrantes que ocuparán os cinco primeiros postos da lista, Leopoldo Rodríguez incidiu en que «a alternativa é o BNG. Só o BNG».

Leopoldo Rodríguez será o candidato do BNG en Celanova

Na súa intervención, Leopoldo Rodríguez destacou que «somos unha forza que medra, unida e constante no traballo«. De cara ás próximas eleccións, o candidato á alcaldía sinala que «estamos máis que preparadas e dispostas para gobernar Celanova».

Leopoldo Rodríguez será o candidato do BNG en Celanova

Os cinco primeiros postos da lista que o BNG presentará nas eleccións municipais de 2023 estarán ocupados por:

  1. Leopoldo Rodríguez
  2. Xulia Paz (ex-concelleira)
  3. Ernesta Seoane (responsable do BNG Comarca de Celanova e Baixa Limia)
  4. Erik Dobaño (portavoz da plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova)
  5. María Rodríguez «Cabaco» (vicepresidenta do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

Botón volver arriba