Un espazo para a literatura, a música e a gamificación na educación son parte do contido que o segundo número da revista Fervenza da Cultura ten no seu interior.
Dispoñible en formato papel, a revista Fervenza da Cultura sigue adiante coa publicación do seu segundo número. Desde o mes de outubro, os socios e socias da Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia dispoñen do segundo número de forma gratuíta.
Literatura, música e gamificación na educación en Fervenza da Cultura
No segundo número da revista, teñen cabida distintos contidos culturais. No apartado literario, aparecen tres relatos premiados en anteriores edicións do Certame Literario de Piñor. Jonatan Rodríguez Cabaleiro, José Ángel Corral Suárez e Nerea Blanco Souto son os autores das contribucións literarias.
A revista conta tamén cun percorrido fotográfico polo inicio de curso na Escola de Música da Asociación. Completan o repaso fotográfico a andaina realizada en San Lourenzo de Piñor e o Magosto celebrado no mes de outubro.
A profesora de acordeón do Conservatorio Profesional de Ourense escribe un artigo sobre a evolución do instrumento en Galicia. «Os diferentes latidos do fol» é un percorrido polo camiño do instrumento ó longo do último século. Luis Rodríguez, párroco de San Pío X, escribe un artigo dando a benvida á asociación ás instalacións do Colexio de San Pío X. No texto, Luis Rodríguez destaca a importancia que a labor realizada pola asociación ten para o barrio de Mariñamansa.
A historia da charanga Escachapeitos, entrevistas a membros da Asociación, un cómic do ilustrador Ismael López e un faladoiro sobre «A gamificación nos contextos educativos» completan a revista. Profesionais no eido da gamificación como Millán Brea (Doutor en Ciencias da Educación), Pablo Grande (mestre de secundaria), José Antonio Fraga (mestre de primaria) e Alba Polo (Jupiter Ourense) mostran a súa visión sobra a incorporación dos xogos no sistema educativo.
Os interesados en obter un exemplar da revista deberán contactar cós responsables da asociación.