Colaboraciones

Un lugar descoñecido para estudar en Ourense

Un lugar descoñecido para estudar en Ourense. Artigo de D. José Manuel Salgado Pérez, Director do Instituto Teolóxico Divino Maestro, formador do Seminario Maior e Delegado episcopal para o Seminario.

Entre os moitos lugares de ensino na cidade de Ourense, existe un que corre o risco de ser pouco coñecido, aínda tratándose dun centro de estudos universitarios. Trátase do Instituto Teolóxico “Divino Maestro”, situado nas instalacións do Seminario Maior no barrio de Vistahermosa.

Un lugar descoñecido para estudar en Ourense

Dende hai máis de 25 anos este centro de estudos está afiliado a Universidade Pontificia de Salamanca e nel impártense materias de Filosofía e Teoloxía, principalmente. Durante cinco anos, os alumnos poden estudar e formarse para acadar o título académico –con recoñecemento civil polo Estado español– de Bacharelato en Teoloxía, equivalente a calquera outro grado universitario. Este lugar está aberto a todos, homes e mulleres; seminaristas, relixiosos e laicos.

Un lugar descoñecido para estudar en Ourense
D. José Manuel Salgado Pérez. Director do Instituto Teolóxico Divino Maestro.

As súas instalación, no edificio do Seminario Maior, son un lugar cheo de luz e vida, cunha boa biblioteca (a biblioteca Auriense) e un magnífico fondo de revistas de Filosofía, Historia, Teoloxía e Ciencias humanas en xeral, que se reciben por intercambio dende diversas partes de Europa e América; gracias a publicación anual por parte deste centro da revista Auriensia.

As clases ofrécense polas mañás de 8:50 a 13:40, cos oportunos descansos. Ofrécese excelencia académica, comprensión sólida e profunda da fe e da tradición da Igrexa, cunha apertura sen medo da razón e das ciencias humanas.

¿Para que serve estudar Teoloxía?

Alguén podería preguntarse, ¿para que serve estudar Teoloxía? En primeiro lugar, hai que recordar que a fe ten que ser pensada e no cristianismo sempre a fe iluminou e ampliou a razón, levándoa máis alá de onde ela por si mesma chegaría.

Sobran as razóns para estudar neste centro académico. Entre elas, pódense mencionar as seguintes:

Dende fai vinte séculos a Teoloxía enriqueceu a visión do mundo, de Deus e do ser humano e o cristianismo fixo cultura e afondando nestes estudos pódese comprender mellor o patrimonio cultural do que é herdeira a civilización occidental (a historia, a ciencia, a arte, a organización política, etc.). Ademais, é preciso formular as grandes preguntas da existencia (o ben e o mal, a felicidade, a morte, a dor, o sentido da vida, o amor, etc.).

É de xustiza recoñecer a gran aposta formativa da Diocese de Ourense, que enriquece profundamente a cidade das Burgas; dende o Seminario Menor “A Inmaculada” –no que se poden realizar os estudos de ESO e Bacharelato–, ata o Centro de Ciencias Relixiosas “San Martín” e o Instituto Teolóxico “Divino Maestro”, sen esquecer o Instituto da Familia –situado no centro da cidade–, cunha apertura formativa online que chega a moitos lugares do mundo; entre outros centros que se poderían mencionar como tantos colexios relixiosos espallados pola cidade.

Seminario Maior de Ourense. Foto: Obispado de Ourense

¿Que sería de Ourense sen a Igrexa Católica? Entre outras moitas cousas, significaría a perda da inmensa maioría da labor educativa da nosa cidade. Oxalá coñezamos e aproveitemos máis e mellor as posibilidades formativas que temos aínda nesta gran cidade da que nos sentimos fillos moitos de nós.


Un lugar descoñecido para estudar en Ourense. Artigo de D. José Manuel Salgado Pérez.

Back to top button