Noticias

D. Luis Rodríguez ofreceu o pregón da Semana Santa de Ourense

D. Luis Rodríguez, párroco de San Pío X, ofreceu o pregón da Semana Santa 2024 que en Ourense conta cun ampla participación dos fieis nos distintos actos programados.

Durante a súa intervención, D. Luis recordou a figura de D. Ramón Otero Pedrayo e as súas alusións e ligazóns coa celebración da Semana Santa.

D. Luis Rodríguez ofreceu o pregón da Semana Santa de Ourense

Unha vez rematado o pregón da Semana Santa de Ourense, a Capela Madrigalista ofreceu un concerto de música sacra.

Mostramos algúns fragmentos do pregón pronunciado por D. Luis Rodríguez Álvarez o 22 de marzo de 2024.

D. Luís Rodríguez ofreceu o pregón da Semana Santa en Ourense
D. Luis Rodríguez Álvarez. Foto: Obispado de Ourense

Extractos do Pregón de Semana Santa

O Santo Cristo como o nomeamos os ourensáns é a quen vamos acompañar estes días conmemorando aqueles acontecementos que tiveron lugar na cidade de Xerusalén. Eses mesmos acontecementos que relataba don Ramón Otero Pedrayo no seu «Ensayo sobre las variaciones fisiognómicas»: «Na rúa ourensá a Semana Santa tendía nos primeiros anos do século XX horas de silencio, con total desaparición do tráfico, os sons opacos, apesadumbrados, das «trécolas» durante o xoves e o venres, as procesións afectivas, penitentes, as representacións do Encontro e do Desencravo na Praza Maior. Ó incorporarse a rúa do Progreso ao itinerario das procesións significou o final dunha época».

Os tempos son outros tantos anos despois. Coma distinto é cando o mesmo Otero Pedrayo foi o pregoeiro da Semana Santa en Viveiro no ano 1974 e cando no seu pregón dixo: «Na miña patria, Ourense sobre o Miño, recordo sendo neno funcións semellantes ás que van a ser, de que vai ser un gran teatro Viveiro dentro de poucos días. Recordo a procesión dos Caladiños, as procesións polas rúas, as cerimonias conmovedoras e emocionantes do Desencravo de Cristo, o Sermón das Sete palabras».

En torno a Xesús foise tecendo unha rede sinistra, habilmente xustificada, con argumentos e razóns de todo tipo. «Convén que morra un só home polo pobo», sentenciou Caifás. Hai que descalificalo ata convertelo en sospeitoso, en procesado e presunto imputado. «Non oes de cantas cousas te acusan» dille Pilatos. Pero el permanecía en silencio» (Mt 27,14). Estaba envolto en silencio coma nun manto real, ese manto no que seguen envoltos hoxe os descartados do noso mundo.

Cantas razóns tiña Xesús, o Crucificado, na mañá do primeiro día da semana para recibir ese nome. Cantas razóns temos nós para vivir xunto a el a súa EUFORIA pascual e ser testemuñas da Vida do resucitado.

Botón volver arriba