Eventos

Luz Novoa expón no Hospital da Trindade

A artista Luz Novoa expón a súa obra na sala de Exposicións do Hospital da Trindade de Monterrei durante todo o mes de setembro.

Un dos elementos que máis contribúe á dinamización turística de Monterrei é a actividade expositiva que se leva a cabo no Hospital da Trindade.

Luz Novoa expón no Hospital da Trindade

Luz Novoa, artista local, mostra a súa produción artística no marco dunha sala de Exposicións que superou os tres mil visitantes no mes de agosto. Durante o mes de setembro, Luz Novoa colle o relevo do artista Jaime Caba e presenta unha obra con clara influencia local.

Os gaiteiros e as referencias ó entroido son unha constante na obra dunha artista sensible coa súa terra e as súas tradicións. «Na procura desta identidade cultural propia mergúllase nun pasado e nuha cultura popular ideadizadas, recollendo e reinterpretando símbolos tradicionais como o Cigarron, os gaiteiros, ou as mulheres bailando unha muiñeira»… indica Xosé Rivada sobre Luz Novoa.

Luz Novoa expón no Hospital da Trindade

A exposición, aberta ó público dende o día 2 de setembro, poderá visitarse en horario de 11 a 14h e de 15:30 a 20h de mércores a domingo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.