O concello de Maceda celebrará as Letras Galegas con música. O evento terá lugar nos Xardíns Rosalía de Castro o 17 de maio ás 12h. A figura de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado, estará presente mediante a lectura de poemas e a emisión dunha entrevista de 1968. A nota musical correrá a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música.