Máis de 500 ximnastas participarán no Torneo de Nadal que organiza o Club Ximnasia Pavillón o próximo sábado, 3 de decembro.
O Torneo de Nadal III Memorial Marosa Salgado é unha das citas deportivas máis relevantes de ximnasia en Ourense.
Máis de 500 ximnastas participarán no Torneo de Nadal
O Pavillón dos Remedios acollerá á maioría dos clubs de categoría absoluta de Galicia para participar nun torneo de gran calidade. Ademais da participación de deportistas galegos, o torneo contará coa participación do Club Ritmo (León), Gimnasia Burgos e Club Sport Marítimo de Madeira.
A modalidade de rítmica disputarase a partir das 11h da mañá e quedará para a tarde a participación dos ximnastas de trampolín.
Durante a celebración do torneo, a Asociación Xuvenil Amencer porá a marcha a Operación Quilo para a recollida de alimentos.