Noticias

Máis dun millón de euros en subvencións para pechar o ano

A Deputación de Ourense aprobou máis dun millón de euros en subvencións para pechar o ano 2023 que teñen como destinatarios concellos entidades culturais e empresariais.

Na última reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense neste ano 2023 foron aprobadas unhas axudas que permitirán realizar principalmente melloras en infraestruturas.

Máis dun millón de euros en subvencións para pechar o ano

Entre as axudas aprobadas destacan polo seu importe as outorgadas ó concello de Ramirás (138.000 euros) e ó Liceo de Ourense (107.000 euros).

Máis dun millón de euros en subvencións para pechar o ano
Foto: Deputación de Ourense

Axudas a concellos

  • San Amaro
    Reforma do centro de saúde (15.000),
    recuperación do antigo campo de fútbol para espazo de usos múltiples (10.000),
    Festival Céltico deste ano (5.827 euros)
  • San Cibrao das Viñas
    cuberta de tipo «vela» para un parque na urbanización de Gonoba con 30.855 euros;
    mellora do parque infantil de Reboredo (48.000);
    pavimentación da praza Ramón María Blanco en Soutopenedo (37.500);
    obras nos viarios de Rante e Madrigal (24.500 euros).
  • Muíños
    48.000 euros para o acceso de Reparade a Cados, (estrada de lobios-OU1201)
    5.000 para reparar os danos ocasionados polas tormentas do pasado setembro
  • A Peroxa
    48.000 euros para vías municipais
    30.000 para os sendeiros das ruínas do castelo.
  • Castrelo de Miño
    48.000 euros para viarios municipais,
    incorporación ó Plan provincial de Cooperación de 2023 dun proxecto correspondente á primeira etapa da rede de abastecemento.
  • Paderne de Allariz
    42.000 euros para proxectos municipais;
  • Trasmiras
    6.498 euros para un parque biosaudable;
  • Vilardevós
    40.000 para o abastecemento e saneamento en Albarello da Cota;
  • Trives
    32.455 euros para un proxecto de eficiencia enerxética en Sas de Xunqueira;
  • Padrenda
    48.000 euros na reconstrución de muros e mellora do acceso en San Pedro;
  • A Gudiña
    40.000 euros para a cuberta da pista de Pádel.
  • Concello de Verea
    40.000 euros para realizar unha obra de reforma da iluminación pública;
  • Vilar de Santos
    40.000 euros para acondicionar viarios municipais;
  • Rairiz de Veiga
    48.000 euros accesos a Barracel e Quilmelas;
  • Porqueira
    1.942 euros como axuda para o cofinanciamento da mellora e sinalización do carreiro das fervenzas do río Fírveda, na Rede Natura.
  • Beade
    48.133 euros para saneamento
  • Monterrei
    29.789 euros para acondicionar o pavimento na aldea modelo de Infesta
  • Pereiro de Aguiar
    40.000 para mellora da rede viaria municipal
  • Viana do Bolo
    46.590 euros para melloras na Casa da Cultura
  • Parada de Sil
    23.596 euros para beirrarúas no núcleo de Sacardebois.
  • Boborás
    8.000 euros para cofinanciamento de proxectos coa Xunta de Galicia
  • Chandrexa de Queixa
    48.000 euros para o arranxo da estrada de Fitoiro a Drados e na rúa Lamas
  • Lobeira
    48.395 euros en eficiencia enerxética nas poboacións de Facós e Vilariño de Santa Cristina
  • Ramirás
    138.000 euros para substituir a cuberta da antiga escola de Freás de Eiras
  • Cortegada
    13.627 euros para mellorar a iluminación pública en Zaparín
  • Concello de Esgos
    46.400 euros para a rede de saneamento e abastecemento no entorno da casa cuartel.
  • Mancomunidade voluntaria de municipios de Ourense
    10.000 euros para traballos medioambientais.
  • Avión
    48.000 euros para o acceso ao centro de saúde
  • Baltar
    48.000 euros para a humanización en poboacións

Axudas a entidades

  • 107.000 euros para a mellora das instalacións do Liceo de Ourense
  • 30.000 euros á Asociación provincial de Autoescolas para a implantación da FP Dual.

Botón volver arriba