Noticias

A Deputación reafirma o seu apoio á Ponte de Barxa en O Bolo

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirmou hoxe en Valdeorras o compromiso do ente provincial coa reconstrución da Ponte de Barxa sobre o río Xares, no Concello de O Bolo.

A institución ourensá destinou un total de 150.150 euros a esta infraestrutura, dos cales 132.000 euros corresponden a unha subvención nominativa aprobada o pasado 21 de abril. Os 18.150 euros restantes foron empregados na redacción e modificación do proxecto.

A Deputación reafirma o seu apoio á Ponte de Barxa en O Bolo

Menor respondeu así ás recentes informacións difundidas por representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e do propio Concello de O Bolo. Nas mesmas, afirmaban erroneamente que a Deputación non participara nas actuacións para recuperar a ponte. O presidente provincial desmentiu estas afirmacións e puxo en valor a implicación da Deputación desde o inicio do proceso.

 A Deputación reafirma o seu apoio á Ponte de Barxa en O Bolo
Foto: Deputación de Ourense

Neste sentido, lembrou o convenio bianual asinado coa Xunta de Galicia para financiar a totalidade das obras, que finalmente foron asumidas nun 80 % pola CHMS. O 20 % restante, que inicialmente correspondía ao Concello de O Bolo, foi cuberto pola Deputación grazas á achega económica aprobada recentemente.

A colaboración institucional é clave para recuperar unha infraestrutura fundamental para a comarca”, destacou Menor. O presidente provincial insistiu en que a Deputación está a cumprir cos seus compromisos en tempo e forma.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.