Máis protagonismo para a mocidade en Celanova é a principal conclusión á que chegaron os asistentes á reunión convocada polo BNG cos mozos e mozas da vila.
As iniciativas propostas na reunión pasan pola creación do Consello Municipal da Mocidade. Ademais, e para dinamizar a vida da mocidade en Celanova, tamén se crearía un Centro de Información Xuvenil e a Casa da Mocidade.
Máis protagonismo para a mocidade en Celanova
A pesar de ser as principais peticións dos asistentes, non foron as únicas. Os mozos e mozas de Celanova que estiveron presentes na reunión mostraron varias ideas como ampliar o horario da biblioteca pública, mellorar o ximnasia municipal, programar foliadas e recuperar a Festa Castrexa.
Xulia Paz, número dous do BNG para as municipais do mes de maio, indica que «a cuestión das políticas de mocidade é que non as houbo. Nos últimos vinte anos, a acción pública dirixida a mocidade reduciuse a festas. E con iso non chega».