Colaboraciones

Manuel Herminio Iglesias recomenda a lectura de…

Manuel Herminio Iglesias Vázquez, presidente da AC Agromadas, recomenda a lectura dun libro que para el teñen un significado especial con motivo do Día Internacional do Libro 2023.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase o que lle aportou e por que o recomenda.

Manuel Herminio Iglesias recomenda a lectura de…

Manuel Herminio Iglesias recomenda a lectura de...
Foto: redes sociais de Manuel Herminio Iglesias

Antoloxía Poética de Antón Tovar

Editorial Xerais

Está Antoloxía está dirixida por Delfín Caseiro, prologada por Xesús Alonso Montero e saíu estes días do prelo.

No products found.

O 13 deste mes, no Liceo de Ourense, tiven a oportunidade de asistir e participar co grupo Trovare na presentación da obra poética deste ourensán musicando tres poemas. Neste acto tiven a fortuna de saber algo máis de Antón Tovar, coñecer máis deste autor existencialista e intimista.

Recomendo a súa lectura pois aporta sensibilidade e moita humanidade nos seus poemas. Merece a pena mergullarse nos seus textos onde aparecen reflectidas as terras e xentes da Limia. En fin, saber algo máis deste ourensán merece a pena.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba