Noticias

María Elena Peaguda será a candidata socialista en Allariz

María Elena Peaguda será a candidata socialista no concello de Allariz para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023.

Tras ser confirmada polo PSdeG-PSOE como candidata, María Elena Peaguda indica que presentará un proxecto «ambicioso e completo» para mellorar a calidade de vida dos veciños de Allariz.

María Elena Peaguda será a candidata socialista en Allariz

Entre os obxectivos que se marca está o de «rematar co esmorecemento demográfico e patrimonial dos núcleos de poboación que non son a capitalidade municipal».

«Servizos polivalentes para axudar ás persoas, facilitar o acceso ao mercado laboral e obradoiros de educación en valores, medio ambiente, ocio san e seguro, igualdade, prevención do machismo ou voluntariado» forman parte do seu programa.

María Elena Peaguda será a candidata socialista en Allariz
Foto: PSdeG-PSOE

O apartado cultural ten unha relevancia especial na axenda da candidata. A súa proposta inclúe unha «programación dunha axenda cultural axeitada aos destinatarios ou a divulgación de actividades con información actualizada sobre diferentes temas de interese».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.