Eventos

Mercado de artesanía e deseño na Praza Maior

Este sábado, 19 de novembro, terá lugar un Mercado de artesanía e deseño na Praza Maior de Ourense que contará con 25 postos.

O horario do mercado será dende as 11h da mañá ata as 20h da tarde. Durante ese horario tamén haberá actuacións musicais.

Mercado de artesanía e deseño na Praza Maior

Está previsto que «O Mercado de San Martiño» sexa amenizado por unha DJ que actuará entre as 13h e as 14:30h e desde as 18h ata o remate do evento.

Mercado de artesanía e deseño na Praza Maior

Tódolos postos que participan no mercado dispoñen da etiqueta «Feito en Galicia«.

Botón volver arriba