Eventos

Mulleres referentes no audiovisual ourensán

O programa de «Mulleres referentes no audiovisual ourensán» é unha proposta da Deputación de Ourense para este 8 de marzo de 2023.

Entre as numerosas actividades que entidades culturais, sociais e públicas organizan para conmemorar o Día Internacional da Muller, ten un lugar destacado o programa que atoparemos no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Mulleres referentes no audiovisual ourensán

A partir das 18h, as actividades previstas permitirán gozar do recital poético musical de Lucía Álvarez, unha mesa redonda e a clausura do acto a cargo de Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense. Será durante ese acto de clausura cando se entregue un recoñecemento á actriz Mariana Carballal.

Mulleres referentes no audiovisual ourensán

Botón volver arriba