Música tradicional de dous concertos é a proposta que presenta o concello para celebrar os Maios en Ourense mentres se celebra o concurso na Rúa do Paseo.
O domingo, 7 de maio, Ourense celebra os Maios na Rúa do Paseo. Esta festa, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia en 2001, atrae todos os anos a multitude de persoas.
Música tradicional e concertos para celebrar os Maios en Ourense
Para reforzar este evento, o concello programou varias actuacións musicais. Pola mañá, a música tradicional acompañará a ruada de xigantes e cabezudos e rematará na Praza Maior co concerto de Tor.
Pola tarde, será de fados coas artistas Cristina Madeira, Silvana Peres e Sofía Ramos que realizarán un tributo a Amalia Rodrigues.
Programa do Día dos Maios en Ourense
- 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas. Xardíns do Padre Feijoo.
Ruada cos cabezudos e xigantes e música tradicional.
Xogos populares. - 11.00 horas. Rúa do Paseo.
Exposición de Maios - 12.00 horas. Xardíns do Padre Feijoo
Canto de coplas diante do xurado - 13.00 horas. Praza Maior.
Concerto de Tor e convidados - 18.00 horas. Rúa do Paseo.
Entrega de premios co canto das mellores coplas. - 19.30 horas. Praza Maior.
Tributo a Amalia Rodrigues.
Serán de Fados. Con Cristina Madeira, Silvana Peres e Sofia Ramos