Eventos

Programa da Festa dos Maios 2024 en Ourense

O concello xa deu a coñecer o programa da Festa dos Maios 2024 na cidade de Ourense que se celebrará o domingo, 5 de maio.

A programación desta festa, organizada desde a Concellería de Artes e Festexos, contén actividades durante toda a xornada.

Programa da Festa dos Maios 2024 en Ourense

Ademais da tradicional exposición dos maios na rúa do Paseo, esta edición contará coa novidade dunha alfombra floral. A programación tamén inclúe un concerto da cantante María do Ceo que actuará ás 20h na Praza Maior de Ourense.

  • 08.30h – Alfombra floral confeccionada pola Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, na praza de Euxenio Montes.
  • 10:30h – Obradoiro de coroas coa confección en vivo de coroas e colares na rúa do Paseo.
  • 11h – Inicio da Exposición de Maios na rúa do Paseo.
  • 11h – Ruada dos xigantes e cabezudos do Concello acompañados de gaiteiros tradicionais.
  • 12h – Canto das coplas ó pé dos maios participantes no concurso.
  • 19h – Entrega de premios ós maios e canto das coplas gañadoras na Praza Maior
  • 20h – Concerto de Fados con María do Ceo na Praza Maior
Programa da Festa dos Maios 2024 en Ourense

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.