Noticias

Músicos finalistas do V Concurso Mestre Vide

Xa coñecemos ós músicos finalistas do V Concurso Mestre Vide que organiza o Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

O talento musical que posúen todos os finalistas concentrarase na final que se celebrará o sábado, 6 de abril de 2024.

Músicos finalistas do V Concurso Mestre Vide

Músicos de distintas especialidades e procedentes na súa maioría da provincia de Ourense enviaron a súa inscrición para participar nesta edición do Concurso de interpretación. O concurso que le va o nome dunha figura clave da música galega no século XX tivo que realizar un proceso de selección para elaborar a lista de finalistas.

Músicos finalistas do V Concurso Mestre Vide
Foto: Conservatorio de Ourense

As categorías A e B contarán coa participación de oito intérpretes cada unha mentres que a Categoría C estará formada por catro. Algúns dos participantes xa saben o que é gañar algún premio neste concurso que se consolida como referencia para os xoves intérpretes.

Músicos finalistas do V Concurso Mestre Vide

O traballo realizado polo Conservatorio de Ourense e as distintas escolas de música da provincia permite que sexan cada vez máis os mozos e mozas da provincia que acadan un elevado nivel interpretativo. Sen dúbida, o traballo do profesorado e os demais centros de ensinanza sumado ó talento dos mozos e mozas fan posible que os asistentes poidan gozar do alto nivel deste concurso.

Botón volver arriba