A deputada autonómica do BNG, Noa Presas, pide no Parlamento Galego avaliar a situación dos centros sanitarios privados de Ourense.
Recentemente, o Grupo Recoletos facíase coa maioría dos centros sanitarios privados de Ourense ó mercar o Centro Médico El Carmen, o Hospital COSAGA, Cendisa e Scanner Ourense.
Noa Presas pide avaliar a situación dos centros sanitarios privados
«O Consello de Contas recolle que aumentou a derivación á privada e que se depende altamente destes dous centros» destaca Noa Presas. A deputada tamén fixo referencia ó Informe de fiscalización da asistencia sanitaria. En dito informe indícase que a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras é o que máis aumentou o peso da sanidade privada.