Noticias

Nova sentenza por acoso laboral sacode o Concello de Ourense

Unha nova sentenza condenatoria por acoso laboral sacode o Concello de Ourense, sinalando directamente ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Nesta ocasión, a vítima é a ex xefa do negociado de Comercio. O BNG, a través do seu portavoz Luís Seara, cualificou a sentenza de «contundente«, reflectindo o comportamento do alcalde.

Nova sentenza por acoso laboral sacode o Concello de Ourense

Seara acusou a Jácome de abusar da súa posición de poder para «menoscabar, insultar e acosar» aos traballadores municipais que non se aliñan cos seus intereses. O BNG recorda que esta é a terceira sentenza por acoso contra o Concello, sumándose ás condenas previas á Intendente-xefa da Policía Local e ao Interventor municipal.

O partido nacionalista criticou que as indemnizacións derivadas destas sentenzas teñan que ser pagadas con fondos públicos, e esixiu que Jácome asuma persoalmente estes custos. «Xa non é de recibo que teña que ser a veciñanza no seu conxunto e a través das arcas municipais as que teñan que sufragar os seus excesos», declarou Seara.

Nova sentenza por acoso laboral sacode o Concello de Ourense

Ademais, o portavoz do BNG denunciou o clima laboral no Concello desde a chegada de Jácome, con «seis anos nos que se disparou a conflitividade laboral e as baixas», e criticou os «continuos desprezos públicos» aos traballadores.

Seara tamén dirixiu as súas críticas ao PP, lembrando que «foron eles os que auparon a Jácome á alcaldía en 2019 e en 2023», e acusándoos de «darlle osíxeno» para seguir gobernando, mentres «pola mañá maniféstanse ao carón das e dos traballadores dándolles ánimos e palmadiñas nas costas e polas tardes negocian o xeito de voltar a entrar no Goberno Local».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.