O concello de Ourense pon en marcha un novo intento por soterrar a Avenida Otero Pedrayo mediante a solicitude de colaboración á Deputación Provincial e á Xunta de Galicia.
Este proxecto, cualificado como estratéxico polo goberno municipal, é unha vella aspiración do grupo Democracia Ourensana. Na carta enviada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ós presidentes de ambas institucións, solicita a colaboración institucional para por en marcha un proxecto valorado en 12 millóns de euros.
Novo intento por soterrar a Avenida Otero Pedrayo
Pérez Jácome propón que cada administración aporte catro millóns de euros para por en marcha a iniciativa. «Trátase dun proxecto estratéxico para a cidade de Ourense, que incluiría o soterramento do tráfico, a construción dun bulevar peonil, aparcamentos soterrados, carrís bici e a integración efectiva do Campus Universitario».