Noticias

Novos centros de saúde para Mariñamansa e o Vinteún

Novos centros de saúde para os barrios de Mariñamansa e o Vinteún é a demanda que realizan os socialistas da cidade de Ourense.

Estas demandas xurden das promesas realizadas polo actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a campaña electoral.

Novos centros de saúde para Mariñamansa e o Vinteún

«Non imos deixar de reclamar as infraestruturas que xa se prometeron hai anos porque son verdadeiramente necesarias para reducir as listas de agarda na nosa Atención Primaria» lembra Carmen Rodríguez Dacosta, deputada no Parlamento de Galicia.

Estas demandas súmanse a outras enmendas que os socialistas presentaron para emendar os orzamentos de 2025. En materia de deporte, foron comprometidos un pavillón de ximnasia e a segunda fase da remodelación do Estadio do Couto.

Novos centros de saúde para Mariñamansa e o Vinteún
Carmen Rodríguez Dacosta e Natalia González Benéitez. Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

«O compromiso co deporte ten que ir máis alá de sacarse fotos cos e cas deportistas en torneos ou competicións e debe pasar por ofrecer as mellores condicións para as diversas especialidades ás e aos deportistas de Ourense, tanto aos e ás que xa son profesionais como ao resto de categorías», sinala Natalia González Benéitez, secretaria xeral do PSdeG na cidade.

Dinamizar, mellorar e impulsar o Espazo Xove, o gran hotel balneario, o transporte metropolitano, espazos industriais e a rehabilitación do casco histórico de Ourense son algunhas das demandas realizadas.

Botón volver arriba