Eventos

O 25N terá unha variada programación en Ourense

O 25N terá unha variada programación no concello de Ourense para concienciar á cidadanía con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Actividades formativas e culturais dirixidas a tódalas idades dan forma á programación que organiza o concello.

O 25N terá unha variada programación en Ourense

Telmo Ucha, concelleiro de Igualdade destacou que «é o programa máis ambicioso que xamais se fixera no concello». As actividades terán lugar entre o 17 de novembro e o mes de xaneiro de 2023. Música, exposicións, formación, obradoiros ou cine son algunhas das propostas que atoparemos este ano polo 25N.

O 25N terá unha variada programación en Ourense

Programa do 25N en Ourense

As actividades programadas con motivo do 25N serán de balde para os participantes.

  • Xoves 17 de novembro. Cine. 20.30 horas, Casa da Cultura (rúa Concello, 11).
    Proxección de The Assistant, filme dirixido por Kitty Green e interpretado por Julia Garner que relata os abusos que sofre unha muller que traballa para un executivo poderoso.
    A actividade conta coa colaboración do Cineclube Padre Feijóo.
  • 21 a 24 de novembro. Contacontos e teatro para previr a violencia de xénero entre o alumnado.
    Desenvolverase, en horario de mañá, nos centros de ensino de Ourense.
    • Educación Infantil, contacontos O rato-canguro, a cargo de Trinke Trinke Teatro;
    • Primaria, o espectáculo Amor, que corte!, da compañía Iseo A Moura;
    • Secundaria, Cinco sketches relacionados coa violencia de xénero, da man de Trécola teatro.
  • Luns, 21 de novembro. 16.00 horas. Xornada de formación: Retos do traballo policial coas vítimas da violencia de xénero. Edificio da Policía Local (rúa Victoria Kent, 1).
    Intervirán o concelleiro de Igualdade e Seguridade, Telmo Ucha, Julián Pardinas, fiscal de violencia de xénero, Beatriz López, a directora do CIMM e representantes das policías Nacional, Autonómica e Local.
  • Martes 22 de novembro. 18.00 horas. CIMM (rúa Ensino, 24). Xornada de autodefensa persoal.
    Dirixido ao público feminino. 10 prazas.
    Información e inscricións no teléfono 988.393.191 ou no enderezo de correo concelleriamuller@ourense.es
  • Mércores 23 de novembro. 17.30 horas. Obradoiro Pensar as masculinidades.
    Dirixido ao público masculino, é un espazo no que debater un novo espazo da masculinidade na sociedade que fomente a convivencia. 15 prazas.
    Información e inscricións no teléfono 988.393.191 ou no enderezo concelleriamuller@ourense.es
  • Xoves 24 de novembro. Cine. 20.30 horas, Casa da Cultura (rúa Concello, 11)
    Proxección de As mulleres deciden, documental dirixido por Xiana Yago que alerta sobre os perigos da xinecoloxía clandestina na Amazonía.
    A actividade conta coa colaboración do Cineclube Padre Feijóo.
  • Venres 25 de novembro. 10.00 horas. Salón de Plenos. Acto institucional polo Día internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres.
    Durante este día, a ponte romana estará iluminada de cor morada para conmemorar a efeméride.
  • Luns 28 de novembro. 10.00 horas. Xornada de formación para o persoal do Concello de Ourense. CIMM (rúa Ensino, 24).
    Estratexias para a atención a vítimas de violencia de xénero, xornada impartida pola profesora experta en materia de xénero María del Carmen Armada Olleros.
  • Mércores 30 de novembro. Festival de música contra as violencias de xénero. 20.30 horas. Teatro Principal (rúa da Paz, 9).
    Presentado pola artista Olga Brañas, participarán as bandas ourensás Blues do país, Mounqup e Habelas Hainas.
    As entradas deberán retirarse na billeteira do Teatro Principal.
  • Do 5 de decembro ao 13 de xaneiro de 2023. Exposición. Sala Valente (rúa do Paseo 20). Cartas de amor.
    Exposición gráfica de ilustracións e de artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.
    Colaboran a Concellería de Promoción de Emprego e Igualdade, Secretaría Xeral de Igualdade, Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia e Concellería de Artes e Festexos.

Programa do 25N en pdf

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba