O BNG de Celanova prepárase para as eleccións municipais de maio de 2023 e da un primeiro paso coa presentación dos cinco primeiros postos da lista electoral.
Será no Salón de Arcos do edificio do concello onde terá lugar o acto este sábado, 3 de decembro. No mesmo, coñeceremos ás persoas que ocuparán os postos 1 a 5 da candidatura. O acto estará aberto á veciñanza e contará coa presenza de Bernardo Varela, voceiro do BNG na Deputación de Ourense.