O Colexio Plurilingüe Luis Vives entrega unha doazón de 1.400 euros á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
Germán Rodríguez-Saá, presidente da AECC en Ourense, recibiu de mans da directora do Colexio Luis Vives, Iria Vence, e da profesora Raquel Alija a doazón realizada.
O Colexio Luis Vives entrega unha doazón á Asociación Contra o Cancro
O alumnado do centro realizou un Mercado Medieval no que lograron recadar un total de 1.400 euros. O acto de entrega desta importante doazón tivo lugar na sede da AECC en Ourense.
O diñeiro doado será destinado ó programa de «Apoio a familias con nenos e nenas con cancro destinadas a cubrir desprazamentos e estancias noutras provincias».