Noticias

O concello de Ourense inicia varias obras no centro da cidade

O concello de Ourense inicia varias obras no centro da cidade que permitirán renovar a pavimentación e a rede de servizos de varias rúas.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, presentou os dous proxectos que permitirán dar un lavado de cara a varias rúas do centro.

O concello de Ourense inicia varias obras no centro da cidade

Esta «potente transformación» como define o alcalde as obras que xa se están realizando teñen dous puntos de actuación.

O concello de Ourense inicia varias obras no centro da cidade

Por un lado, pavimentación en pedra e renovación da rede de servizos:

  • Rúa Parque de San Lázaro,
  • Xaquín Lorenzo,
  • Bedoya ata Valle Inclán e
  • Cardeal Quevedo ata a Avenida da Habana.

A outra zona afectada polas obras que permitirán acondicionar e mellorar as rúas inclúe:

  • Rúa Valle Inclán,
  • Ramón Cabanillas e
  • Bedoya, entre a intersección con Valle Inclán ata a Avenida de Bos Aires.

A inversión que vai realizar o concello de Ourense sitúase nos 2,2 millóns de euros. Estas obras «van a producir unha gran mellora da calidade de vida de todos os ourensáns, en xeral, porque este é o centro de Ourense», sinala o alcalde de Ourense. O prazo fixado para a realización das obras sitúase entre os 5 e os 6 meses de duración.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.