O Festival Rebulir 2022 quenta motores trala presentación que tivo lugar na sala de prensa da Deputación Provincial de Ourense.
A edición de este ano de Rebulir levará de novo a Ramirás unha importante mostra do folclore galego e internacional ademais de premiar a figuras relevantes da nosa cultura.
O Festival Rebulir 2022 quenta motores
A 17ª edición do Festival Internacional Rebulir celebrará a súa gala central este sábado, 17 de decembro, no polideportivo de O Picouto (Ramirás). No acto de presentación do evento estiveron presentes Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación, Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta, Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás, e Alexandre Sotelino, director artístico e académico do FIR.
Un aumento no número de participantes é unha das noticias da presente edición do FIR. Un maior número de artistas irá acompañado dunha maior presenza de público ó non existir este ano ningunha restrición sanitaria.

Premios Rebulir 2022
Os premiados da XVII edición do Festival Internacional Rebulir serán:
- Música Galega – Fuxan os Ventos
- Artes Escénicas – Celso Fernández Sanmartín
- Premio Homenaxe – Xosé Luis Méndez Ferrín
Programa Rebulir 2022
O programa da 17ª edición de Rebulir inclúe:
Xoves, 15 de decembro
- «É posible a interculturalidade?» ás 19h no Espazo Xove
Interveñen: Cristina Varela, Millan Brea e Alexandre Sotelino - «Dinámicas de grupo para a xestión da diversidade»
Impartido pola profesora Cristina Varela
Venres, 16 de decembro
- «O tranvía Leonardo» ás 11h no CEIP Rogelio García Yáñez
- «Aprendemos o mundo» ás 16:30h na Residencia de Maiores «O Mosteiro»
Sábado, 17 de decembro
- Animación en Celanova ás 13h
Actúa: Zes Pereira da Croca (Portugal) - Animación en Ramirás ás 16:30h
Actúa: Inanga Rapa Nui (Chile) - Gala central do Festival ás 19h
Actúan: Rebulir, Zes Pereiras (Portugal), Coros y Danzas de Huéscar (Andalucía), Inanga Rapa Nui (Illa de Pascua, Chile) e Ritmos y Costumbres (Perú).
Alba Faro e Álvaro Pérez realizarán unha homenaxe a Fuxan os Ventos.