O peche do Ano Cultural da UPO reúne este xoves ós últimos alcaldes de Ourense e a un nutrido número de concelleiros que apoiaron durante anos á Universidade Popular.
Este acto terá lugar no Liceo de Ourense, espazo cultural que acolleu a maioría das actividades da plataforma, o xoves, 14 de decembro, a partir das 19:15h.
O peche do Ano Cultural reúne ós últimos alcaldes de Ourense
Durante o ano 2022, a Plataforma Non ao peche da UPO organizou 16 conferencias, 10 seminarios, varios concertos e saídas interpretativas. Esta actividade foi posible grazas a un importante número de persoas que contribuíron a manter vivo o recordo da Universidade Popular.
Para por o peche á programación de 2022, a plataforma organizou un acto no que estará presente a presidenta da Federación Española de universidades Populares. No acto tamén participarán os últimos alcaldes de Ourense, os candidatos á alcaldía en 2023 e os actuais concelleiros que forman a corporación municipal.
Acto de Clausura
«A educación continua, un esencial modo de vida».
Interveñen:
- Mónica Calurano – presidenta da FEUP
- Montserrat Morales – coordinadora FEUP
- Isabel Pérez – exconcelleira de Cultura con BNG
- Francisco Rodríguez – exalcalde e candidato á alcaldía co PSdeG-PSOE
- Ana Garrido – exconcelleira de Educación e Cultura co PSdeG-PSOE
- Jesús Vázquez Abad – exalcalde de Ourense co PP
- Belén Iglesias – exconcelleira de Educación e Cultura co PP
- Maite Rodríguez – exconcelleira de Educación con Democracia Ourensana
«O presente da UPO».
Presidencia do Liceo de Ourense e NON ao pecha da UPO
«O futuro da UPO»
Interveñen:
- Natalia González – voceira e concelleira co PSdeG-PSOE
- Manuel Cabezas – exalcalde e candidato á alcaldía co PP
- Pepe Araújo – voceiro e concelleiro de Ciudadanos
- Luis Seara – voceiro, concelleiro e candidato á alcaldía co BNG
- José Manuel Palacios – voceiro de CCD