Eventos

O Po da Felicidade

O Liceo de Ourense foi no día de onte o marco de presentación de O Po da Felicidade, novela curta da escritora Carla Blanco de Ourense.

Poucos lugares mellores que O Liceo de Ourense, auténtico símbolo cultural, para realizar a presentación dun libro. Neste caso, a escritora Carla Blanco presentou a súa primeira novela curta titulada «O Po da Felicidade».

O Po da Felicidade de Carla Blanco

Este traballo literario sitúa a trama nun contexto onde o tráfico de drogas actúa como fío condutor.

Catro protagonistas con historias que resolven as súas dificultades cunha mesma solución, a cocaína.

Unha realidade máis común do que soemos pensar e que en Galicia afectou e afecta a decenas de mozos e mozas.

Este duro relato é froito da escritora Carla Blanco, nada en Ourense e que ós seus 17 anos, presenta a súa primeira novela curta. A piques de comezar no seguinte curso os estudios de cine e artes audiovisuais na Tai de Madrid, ten xa en proceso unha nova creación.

Esta nova creación en galego, lingua que a escritora defende como propia, ten en Carla Blanco un novo apoio. É cada vez máis habitual a aparición de novos escritores que deciden utilizar o galego nos seus traballos. Unha xeración de escritores que claramente nos están a dicir: Eu escribo en galego.

O Po da Felicidade

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba