O PSOE de Ourense propón solicitar a sede da Axencia Espacial Española para a terceira cidade de Ourense e presentarán unha moción con esta finalidade.
Trala decepción polo decisión da Xunta de apoiar a candidatura de A Coruña na carreira por albergar a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial, ábrese unha nova posibilidade. Ourense podería optar a ser sede da Axencia Espacial Española.
O PSOE de Ourense propón solicitar a sede da Axencia Espacial Española
Rafael Villarino, voceiro do PSdeG-PSOE, e Xosé Rúas, concelleiro, mantiveron unha reunión co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome para lanzar a proposta. A intención é que Ourense opte a sede da Axencia Espacial Española.
“O alcalde confirmou que presta o seu apoio político e os recursos técnicos dispoñibles no Concello para presentar a candidatura en tempo e forma” indicaron os representantes do partido socialista ó remate da reunión. Tamén indicaron que se están producindo contactos con outros grupos políticos e entidades para formar unha candidatura forte. “Xa estamos establecendo contacto cos demais grupos políticos para pedir o seu apoio e incluso durante a reunión mantivemos conversacións simultáneas coa universidade de Vigo, que manifestou a súa vontade de colaboración nos aspectos técnico-académicos que requira a iniciativa”.