Noticias

O PSOE pide un pleno extraordinario para solucionar as axudas ás entidades sociais

O PSOE de Ourense pide un pleno extraordinario para solucionar o problema das axudas ás entidades sociais entre as que se atopan «Renacer», «Alcer» ou «Amencer».

A resolución das axudas a entidades sociais que concede o concello de Ourense mostrou unha larga lista de entidades que non recibirán ningunha achega económica. Estas entidades, a pesares de cumprir os requisitos recollidos nas bases non recibirán a subvención por non dispor de crédito orzamentario suficiente.

O PSOE pide un pleno extraordinario para solucionar as axudas ás entidades sociais

Desde o goberno municipal anunciaron que modificarían as bases das próximas convocatorias para que este problema non se repetise.

O PSOE pide un pleno extraordinario para solucionar as axudas ás entidades sociais
Pleno do concello

O grupo socialista do concello de Ourense expón que esta problemática débese a «inadecuada priorización e falta de previsión do alcalde Jácome». As once entidades sociais que non recibirán axuda prestan un importante servizo no concello. «O concello ten a obriga de emendar o prexuízo económico causado a estas asociacións que se atopan nunha situación de total inseguridade logo de que se lles denegasen as axudas coas que contaban para desenvolver o seu labor».

A solución de urxencia que propón o grupo socialista é a celebración dun pleno extraordinario onde se aprobe unha modificación de crédito que permita reparar este erro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.