Representantes do PSdeG-PSOE ofrecen unha alternativa ó concello de Ourense para financiar as obras da Praza de Abastos.
Será no próximo pleno do concello cando o grupo socialista defenda unha iniciativa para que o goberno municipal solicite unha axuda para financiar as obras da Praza de Abastos.
Ofrecen unha alternativa para financiar as obras da Praza de Abastos
Esta achega económica sería solicitada mediante o programa de apoio ó patrimonio histórico con uso turístico que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. «Esta axuda de ata 3 millóns de euros representa unha nova oportunidade para garantir a execución desta obra e evitar o seu abandono, sen depender unicamente das arcas municipais», indicou a concelleira Juana Ageitos.
A concesión desta axuda compensaría a perda da anterior subvención. Destinada a sufragar a rehabilitación do inmoble, a anterior subvención tivo que ser devolta polo concello de Ourense. Entre as vantaxes desta nova oportunidade destacan que «poderíase intervir na contorna do rianxo e na planta baixa do mercado».