A Ordenanza de Veladores encara a recta final da súa tramitación polo goberno municipal do concello de Ourense.
Unha das ordenanzas máis esperadas dos últimos anos é a que fai referencia ós veladores situados no concello de Ourense.
A Ordenanza de Veladores encara a recta final
Antes da súa aprobación pola Xunta de Goberno local, o goberno municipal está a responder as alegacións presentadas. Ata o momento, o coordinador xeral do concello deu resposta a 167 alegacións presentadas sobre esta ordenanza.

Unha vez que sexa aprobada pola Xunta de Goberno, os interesados terán un prazo de 10 días para presentar alegacións. Tras ese período de axuste da normativa, será o pleno municipal quen terá que aprobar dita ordenanza.