Os cidadáns de Ourense participarán no deseño das novas liñas de autobús da cidade a través dun período de escoita e recollida de suxestións.
Esta semana estará exposta ó público unha proposta municipal para re-deseñar as liñas de autobús da cidade de Ourense. As persoas e colectivos que queiran facer propostas poderán facelo durante eses días.
Os cidadáns participarán no deseño das novas liñas de autobús
Unhas da novidades do novo sistema que comezará a funcionar no mes de xaneiro é unha liña que atravesará a cidade de Norte a Sur. A posta en funcionamento dos novos trazados coincidirá no tempo coa entrega ó concello dos novos vehículos.
A renovación dos autobuses e as liñas que agora mesmo están en funcionamento supoñen un importante reto para optimizar o autobús urbano en Ourense.