Os problemas de abastecemento de auga poñen en alerta a CHMS (Confederación Hidrográfica Miño-Sil) tras estar atravesando o ano máis seco da serie histórica.
2022 está sendo o ano máis seco do período 1980-2021. Os efectos das escasas precipitacións puideron apreciarse nos problemas de abastecemento de auga a numerosos núcleos de poboación e explotacións gandeiras.
Os problemas de abastecemento de auga poñen en alerta a CHMS
Só no mes de agosto, a CHMS tivo que abastecer con camións cisterna a núcleos de poboación de 44 municipios. Esta situación foi analizada polo miúdo na reunión da VII Mesa Técnica da seca da CHMS. Os datos que se analizaron na reunión deixan unha profunda preocupación nos responsables da Hidrográfica.
As precipitacións rexistradas durante o período 2021/22 están un 42% por debaixo da media histórica. Esta situación ten o seu reflexo nos embalses que rexistran nestes intres unha media do 47,62% da súa capacidade. Este porcentaxe supón un 13,89% menos que os rexistros históricos.
«La falta de lluvia provoca que estemos ante el año hidrológico más seco de la serie histórica 1980-2021» indica José Antonio Quiroga, presidente de la CHMS. Ante esta situación á que se suma unha reducción do 35% no caudal dos ríos, a CHMS establece os seguintes estados de alerta:
- Normalidade para o Baixo Miño
- Prealerta para a o Sil Superior e Inferior
- Prealerta para o Miño Alto
- Alerta para os ríos Cabe e Limia